Mary Walker
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1832 ![]() Oswego, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Morte | 21 de febreiro de 1919 ![]() Oswego, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | morte natural ![]() |
Lugar de sepultura | Rural Cemetery (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Geneva Medical College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | abolicionista , activista polos dereitos das mulleres ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil estadounidense ![]() |
Familia![]() | |
Pais | Dr. Alvah Walker, Sr. (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/1/1e/Mary_edwards_walker.jpg)
Mary Walker, nada en 1832 e finada en 1919, foi unha personalidade estadounidense da medicina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada no estado de Nova York, graduouse no Colexio Médico de Siracusa no 1855. Estableceuse e casou con Albert Miller, non adoptando a apelido do seu marido en contra do costume. Déronlle unha medalla ó honor do Congreso en 1866 pola súa actividade prestando servizos de cirurxía durante a guerra civil estadounidense, sendo a única muller e único civil en recoñecérselle e debido ó seu arriscado comportamento, atendendo a feridos de ambos bandos. Con posterioridade, en 1917, foille retirada ó converterse en sufraxista e defender os dereitos das mulleres. Nun xesto en liña coas súas ideas, negouse a devolvela, levándoa consigo ata a súa morte e séndolle con posterioridade devolto o honor polo Presidente Jimmy Carter.
Durante a súa vida loitou contra as malas influencias do tabaco e o alcohol. Foi autora de diversos escritos, incluído un traballo semi-autobiográfico. A súa efixie aparece en diversos selos do US postal Service.
Non fixo descubrimentos nin investigación recoñecida, pero a súa actuación como médico marcou un fito dentro dos servizos prestados polas mulleres nesta ciencia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)